Friday 22 de November de 2024

A proposta Venres de consumo responde ofrecerá mañá unha charla sobre “Comercio electrónico”


A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. A convocatoria será mañá ás 12.30 horas e durante a mesma falarase sobre “Comercio electrónico”.

As persoas interesadas en participar na convocatoria deben acceder á web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia a través da ligazón habilitada para a mesma. No caso de non ter instalado Webex haberá que premer en “Únase dende o navegador”.