O Concello de Neda vén de incorporar 5 albaneis á plantilla municipal no marco do Programa da Deputación Provincial da Coruña-PEL Concellos 2022. A contratación será por un periodo de 6 meses, no que a Administración local poderá reforzar os traballos en materia de conservación, mantenemento e reparacións varias en espazos públicos, inmobles municipais e rede viaria.