As persoas interesadas en instalar postos de foodtruck no espazo cedido polo Sergas na zona de aparcamento da rúa Ramón Baltar e na Carballeira do Banquete o vindeiro 22 de maio, co gallo da celebración da III Festa do Banquete de Conxo, poderán solicitar ata o 18 de maio as autorizacións correspondentes para a ocupación da vía pública. O espazos habilitados poderá acoller un máximo de vinte postos, que serán autorizados respectando a orde de presentación no rexistro.
Para participar no Espazo de Food Trucks 2022 da festa do Banquete de Conxo, poderán presentar solicitude as persoas físicas ou xurídicas que acrediten o desenvolvemento dunha actividade de restauración en vehículos de tracción mecánica, servizos de restauración e venda de comida (preferentemente comida tradicional galega) e bebida. Tendo en conta o espazo de ocupación, soamente será posible a instalación dun máximo de vinte postos, que serán autorizados respectando a orde de presentación no rexistro.
A ocupación terá lugar o domingo 22 de maio en horario de 12:00 ás 21:00 horas, puidendo acceder á zona para labores de descarga de material e montaxe desde as 09:00 horas.
Procedemento de solicitude
As solicitudes de autorización serán presentadas a través da Sede Electrónica do Concello ou de xeito presencial, por orde de chegada desde as 9:00 ata as 13:00.
O procedemento de solicitude realizarase empregando o modelo MO003 AUTORIZACIÓN DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA PARA ACTIVIDADES VARIAS, aportando debidamente cubertas e asinadas as declaracións responsables de danos, de actividades recreativas e de instalación de estruturas móbiles desmontables.
As solicitudes deberán acompañarse dunha determinada documentación que vén detallada nas instrucións que se adxuntan a continuación.