Thursday 21 de November de 2024

Teatro polo Día das Letras no Gabriel García Márquez de Mera


Dentro da ampla programación do Concello de Oleiros con motivo do Día das Letras Galegas, precisamente mañá martes 17 de maio vai representarse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera -20:00 horas- a obra de teatro A parábola do angazo, da compañía Talía Teatro. Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco desta obra dirixida por Diego Rey.

A parábola do angazo é unha obra de teatro que quere sacar a lingua a pacer. No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega.

A entrada é gratuíta con invitación, que se entregará desde unha hora antes do espectáculo, ata completar a capacidade da sala.