Debido á choiva de hoxe, a Primavera das Letras da Real Academia Galega adíase ao día 21 de maio, ás 12.30 horas.
Esta actividade desenvolverase no Cantón da Leña e consistirá no obradoiro Coloreando con Florencio e no contacontos Son o poeta que cruzou o océano, con texto de Ledicia Costa e ilustración de Blanca Millán.
Adscríbese á programación do Maio das Letras posta en marcha por parte da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).