Friday 22 de November de 2024

Proxección da curtametraxe “A rosa incandescente” en Cabanas


A actividade, enmarcada na programación do Día das Letra Galegas, será ás 18h no Salón de Plenos con entrada libre

O Concello de Cabanas acollerá este martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, a proxección da curtametraxe “A rosa incandescente”, unha peza audiovisual que presenta a unha Rosalía de Castro próxima e directa, interpretada pola actriz chantadina Alba López. Será ás 18h no Salón de Plenos da Casa do Concello.

“A rosa incandescente” achega ao público aspectos fundamentais da obra da autora galega, como a súa paixón pola literatura oral, o compromiso co país, a sensibilidade coas persoas marxinadas pola sociedade ou as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora.

A proxección contará coa presenza da guionista da curtametraxe, a cabanesa Anxos García Fonte, quen afondará na figura de Rosalía nunha conversa co público asistente.