As poetas Lucía Aldao e María Lado reflexionarán sobre a situación actual da lingua galega e do seu futuro, o xoves ás 20:30 nas Torres de Santa Cruz. O espectáculo combina poesía, música en directo, xogos co público e improvisación.
A representación de Aldaolado une emotividade e sorrisos a través de reflexións. As dúas poetas analizan cunha perspectiva crítica e reafirman a nosa lingua como lingua moderna, síntoma de coñecemento e cultura. Está dirixido a público xuvenil e adulto.