A pesar da súa curta idade xa é unha das deportistas máis recoñecidas no Concello
A Corporación rendeu homenaxe aIrene Ferreiro, ximnasta artística que alcanzou o OURO no Campionato de España que se celebrou en Cáceres o pasado mes de xullo. Ferreiro é veciña da Barcala e xa foi campioa galega e campioa dun torneo nacional en Gijón. A súa especialidade os aparatos e é unha das grandes promesas deste deporte a nivel nacional. O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, animo a moza deportista a seguir gozando deste deporte e a seguir esforzándose, “ben sexa con vitorias ou fracasos porque os teus veciños sempre estarán máis orgullosos do teu esforzo que das túas vitoria “, apuntou. O alcalde indicou que a Ximnasia Artística é un dos deportes máis esixentes que existen. “Manter o equilibrio como o facedes nos aparatos está só ao alcance de moi poucos, por iso saber que unha cambresa é unha das mellores nesta disciplina comprácenos”, sinalou o primeiro edil. “En nome de toda a Corporación queremos desexarche a mellor das sortes nas próximas competicións e queremos que saibas que o teu nome forma parte xa da historia do municipio”. O acto concluíu coa entrega dun regalo institucional e a firma da deportista no libro de honra do Concello.