Friday 22 de November de 2024

Inscrición aberta no programa de prevención de condutas adictivas “Máis que un teito”


Dirixidas especialmente ás familias, celebraranse 2 sesións na Casa da Cultura os días 26 de maio e 2 de xuño, en horario de tarde

Os concellos de Fene, Mugardos e Neda reeditan o programa de prevención de condutas adictivas “Máis que un teito”, dirixido fundamentalmente a familias pero tamén a integrantes de entidades sociais. O
obxectivo último é mellorar a información sobre as adiccións de forma máis precisa e axustada á realidade, xa que nestes momentos estase a constatar unha baixa percepción do risco real do consumo de substancias e comportamentos adictivos.

A Casa da Cultura de Neda acollerá as 2 sesións programadas, os días 26 de maio e 2 de xuño, en horario de 17 a 19 horas. A actividade estará guiada pola técnica de Asfedro Rosa María García Pazos.

As prazas están limitadas a 15 para garantir un espazo dinámico e participativo, e concederanse por orde de inscrición: a través do enderezo electrónico celia.sabin@neda.gal ou presencialmente na Casa da Cultura. A ficha está dispoñible na web municipal.