García Seoane atópase nun canellón sen saída, pero prefire non asumir a competencia sobre o vial e opta, unha vez mais, pola confrontación.
Para o Partido Popular de Oleiros a instalación dos carteis no Couto onde aparece a Consellería de Infraestruturas, Ethel Vázquez, sendo atropelada por un vehículo súmase a outras majaderías similares ás que nos ten afeito o Alcalde de Oleiros.
A Conselleria de Infraestruturas ofreceulle recentemente a cesión de todo o vial ou do tramo en cuestión, para convertelo en travesía e asi deixar nas súas mans e baixo a súa responsabilidade o establecemento das medidas de seguridade que estimase convenientes.
Doutra banda, o Grupo Municipal Popular propuxo no pasado pleno un encontro entre técnicos de ambas as administracións, onde os enxeñeiros de Oleiros achegasen un informe favorable á construción do paso de peóns para contrapoñer aos técnicos da consellería contrarios á súa instalación.
Aínda que a ninguén causou sorpresa, o Alcalde respondeu a @dicha proposta que os técnicos da Xunta tenian que facer o que se lles ordenaba, en clara referencia a que así era como se funcionaba en Oleiros.
“Gelo non acepta a cesión do vial por que non hai un enxeñeiro municipal que avale, unha vez en mans de Oleiros, a instalación do devandito paso, enfrontándose aos informes dos enxeñeiros da Xunta e asumindo a responsabilidade sobre calquera accidente na zona”.
Por último, estes son informes perceptivos que a Conselleíra non pode saltarse, por razóns obvias para todos menos para o Sr. García Seoane.
Para o Partido Popular de Oleiros habería que abandonar o insulto e retomar o diálogo, especialmente a nivel técnico e, como primeiro paso, que García Seoane solicitase ese informe aos seus enxeñeiros, preferiblemente, sen coaccionarlos.
“Esperamos cordura e seriedade con este asunto e, sobre todo, sometemento á legalidade”