• Con estas obras preténdese “mellorar a rede de infraestruturas e ofrecer novas prestacións á veciñanza”, di o alcalde, Juan Alonso Tembrás..
O Concello das Somozas continúa os seus plans de mellora infraestrutural en diversos puntos do municipio. Así, vén de rematar os traballos de renovación de beirarrúas en Pena de Eiriz.
O investimento rolda os 94.000 euros. Neste núcleo actuarase sobre 850 metros de beirarrúas xa existentes co obxectivo de solucionar o deterioro actual sobre a infraestrutura.
Segundo explicou o alcalde, Juan Alonso Tembrás, o goberno local segue a “concretar proxectos cos que mellorar a rede de infraestruturas e ofrecer novas prestacións á veciñanza”.