Un cento de persoas, maioritariamente nenos e nenas, asistiron este mediodía na praza de España a un espectáculo circense titulado “Fair Play” e desenvolvido polo grupo Pistacatro.
Incluído dentro da programación da Fiestra da Cultura 2015 do Concello de Riveira, os asistentes pasáronno en grande con esta comedia en clave de cine mudo que evoca os tolos anos 20, mesturando teatro xestual con elementos de circo e malabares.