
Actualmente neste servizo municipal hai trinta e cinco usuarios.
O servizo de atención temperá que está en funcionamento no Concello da Laracha consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (0 a 6 anos), á súa familia e ao seu contorno, que teñen por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos para facilitar a súa autonomía persoal e inclusión social. A clave é poder detectar esas dificultades o ante posible para obter os mellores resultados da atención profesional e que redunden nun máis óptimo proceso evolutivo do cativo.
Actualmente son trinta e cinco os menores usuarios deste servizo no Concello da Laracha, o que pon de manifesto a importancia da iniciativa impulsada co apoio da Xunta de Galicia.
Precisamente a Consellería de Policía Social vén de publicar a resolución da concesión das subvencións para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para este ano, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Grazas a esta liña de axudas, o Concello reforzará o equipo do servizo con tres novos profesionais: psicólogo, terapeuta ocupacional e fisioterapeuta, que se engaden ao logopeda co que xa contaba o programa.
É preciso lembrar que, en todo caso, a derivación das crianzas ao programa de atención temperá será a través do servizo de pediatría, ao que debe acudir a familia se sospeita que o cativo pode presentar un trastorno do desenvolvemento. Posteriormente será valorado polo equipo municipal de servizos socias. Pódese solicitar cita previa chamando ao 981612811.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.