O mércores 18 de maio, as 20:00 horas, realizarase un coloquio nas Torres de Santa Cruz sobre a relación de Oleiros coas fábricas de tella e ladrillo ao longo da historia.
Na charla intervirán a investigadora Ángeles Verea, o presidente da Asociación Galega do Patrimonio Industrial BUXA Manuel Lara e o telleiro Velentín Revella. Abordarán o tema desde o punto de vista da investigación e das vivencias persoais.
A entrada é libre e gratuíta.