“Estes maios entre tod@s”. Os coles de Neda foron os grandes protagonistas esta mañá na celebración dos Maios en Albarón. Arredor das árbores, alumnos e alumnas do CEIP de Maciñeira e CEIP San Isidro foron realizando con moito mimo e arte as súas creacións. Auténticas explosións de cores cunha fragancia extraordinaria, creando un ambiente festivo que xa se botaba en falta. A Escola Infantil Municipal Os Pelegríns tamén estará presente na cita, xa que pola tarde trasladarán a Albarón os maios que os máis pequenos e pequenas de Neda crearon no centro.
Pola tarde retomarase a celebración ás 16:30 h. A partir desa hora será o turno da veciñanza. Unha xornada de tarde que amenizarán os grupos e artistas Berros do Castro, Pablo Díaz e a CorRal Polifónica de Aturuxo de Melpómene. Unha cita para non perderse