O auditorio da Fábrica acolle o vindeiro mércores día 18 de maio, ás 20:30 horas, a presentación do libro Cócteles para vivir y soñar de Salvador De Souza Iglesias. Ademais do propio autor, na presentación intervirá Manuel Arias, da coctelería El pirata, e actuará o músico Jaime Faraldo.
O autor participa nos obradoiros de coctelería de Ocioleiros. Precisamente foi nesta actividade municipal na que descubriu o seu gusto e interese por este mundo.