A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal acolle dende inicios de mes, e ata o vindeiro 31 de maio, a mostra “Xeitos”. Un total de 34 fotografías realizadas por dezasete integrantes do Grupo Bazán conforman esta exposición, que se pode ver de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e tamén os sábados, de 10.00 a 13.00.
Os autores das imaxes son Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella. A difusión da cultura fotográfica da comarca de Ferrolterra é un dos obxectivos desta entidade, con máis de catro décadas de historia. Durante este tempo o grupo foi desenvolvendo diversas actividades –cursos, debates, exposicións…-, e formou a numerosas persoas. Para consultar máis información pódese consultar a web: www.grupobazan.es.