Saturday 16 de November de 2024

Alternativa de Sada avoga polo mantemento continuado dos parques biosaudables do municipio


A Concellería de Promoción da Saúde que dirixe o concelleiro Breogán Blanco de Alternativa dos Veciños reservará unha dotación económica para renovar progresivamente durante este 2022 todos os parques biosaudables do Concello.

Desde a Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado en comunicación e colaboración con Obras e Servizos municipais vanse marcar coma obxectivo a renovación progresiva de todos os parques biosaudables do Concello ao longo deste 2022. Para iso vaise reservar unha dotación económica por parte da Concellería, e grazas a colaboración e o traballo constante dos traballadores de Obras e Servizos, vanse actualizar, mellorar, e rehabilitar, as estruturas xa existentes.

Desde a Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado agardan que as veciñas e veciños, utilicen con asiduidade uns aparellos que precisan, sen dúbida, dun mellor mantemento e coidado.