A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. O tema a abordar mañá, a partir das 12.30 horas, será a “Arbitraxe de consumo”, tal e como avanzaron dende a organización.
Para poder participar é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.