Friday 22 de November de 2024

O Abellá S.D.C. proclámase gañador do I Trofeo Festas Patronais concello de Ordes


O Abellá S.D.C. proclamouse gañador do I Trofeo Triangular Festas Patronais Concello de Ordes, competición organizada pola S.D. Club Órdenes co gallo das festas de Santa María. A cita tivo lugar onte no campo de Vista Alegre, onde se congregou un nutrido grupo de seguidores dos equipos que desputaron esta competición. En segunda posición situouse o equipo anfitrión, o Órdenes, mentres que o Tordoia C.F. cerrou a taboa ocupando o terceiro lugar.

Entre quenes non se quixeron perder os encontros, e se encargaron de entregar os galardóns, atopábanse o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, ademais do presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Trazo, Roberto Rey. Así tamén o concelleiro de Deportes de Ordes, Luis Caamaño, e os de Servizos Sociais e Obras de Tordoia, Inés Santos e Amadeo Cancela, respectivamente.