Friday 22 de November de 2024

As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval terán bandeira azul este verán


Oleiros ten praias e entornos dotados de numerosos servizos de calidade. Por iso, as praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro acaban de recibir un ano máis a Bandeira Azul para este verán.

O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.