Friday 22 de November de 2024

Mozos e maiores infórmanse sobre as ventaxes do carné xove no posto instalado na Alameda de Ordes


Entregáronse todo tipo de agasallos romocionais, ademais de resolver dúbidas e informar sobre as ventaxes que ofrece este documento o cal se expide dende a OMIX, no mesmo Concello

A Alameda de Ordes acolleu un posto informativo no que todos os veciños e veciñas que así o quixeron tiveron a oportunidade de informarse sobre as ventaxes que ofrece o carné xove para os seus titulares. Os concelleiros Susana García ou Xosé Manuel Mira foron algúns dos moitos veciños e veciñas de todas as idades que se achegaron para informarse de primeira man. Ademais foron moitos os agasallos e obxectos de merchadising que se repartiron, como libretas, camisetas, bolígrafos, caramelos, bolsos etc

Esta campaña promocional está desenvolvida pola Oficina Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, contando neste caso coa colaboración do Concello de Ordes. A data coincide co último día das festas patronais da vila, e xusto no momento no que a charanga Maloserá animaba a céntrica zona, polo que a afluencia de público que se achegou ata o posto moi considerable.

O propio Concello conta xa dende hai anos coa súa propia Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), dende a que se expide este carné no mesmo día tras un breve e sinxelo trámite administrativo. Descontos a nivel rexional, nacional ou internacional; promocións en actividades deportivas, multiaventura, formativas, lúdicas etc ou sorteos de diverso tipo son algunhas das ventaxes que aporta. Ademais aqueles mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior a un 33% poderán adquirilo de balde.