Friday 22 de November de 2024

Axenda cultural fin de semana en Cariño


14/05 LETRAS GALEGAS 2022 – TEATRO DO ATLÁNTICO: “Libre coma os paxaros”.

Sábado 14 de maio – Auditorio Municipal – 19.30 horas – Entrada: 3€ (podes mercar a túa entrada no LOCAL SOCIAL da Casa do Concello ata o venres 13 ou no AUDITORIO dende media hora antes da función).

Textos: Rosalía de Castro

Dramaturxia e dirección: Xúlio Lago

Composición musical: Vadim Yukhnevich

Actriz: María Barcala

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

Muller.

Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.

Chámase María Rosalía Rita de Castro.

Programación: https://www.concellodecarino.gal/letras-galegas-2022-programacion/