Friday 22 de November de 2024

Alumnado do IES da Pobra participa no escape room titulado Na procura do galego


A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal impulsa o Maio das Letras, cunha extensa axenda dedicada a tódolos públicos e facendo especial fincapé nas Letras Galegas, que, neste 2022, teñen Florencio Delgado Guarriarán como protagonista.

Entre as propostas deseñadas para a mocidade figura un escape room. Baixo o nome Na procura do galego, está dirixido exclusivamente ao estudantado do IES pobrense, ao longo das xornadas dos días 9 e 10 de maio, tomando como punto de partida o dormitorio de Florencio Delgado no mesmo día en que decide saír de España. Para completa-lo desafío hai que descubrir diversos documentos importantes para o futuro da literatura galega.

Ata o centro educativo desprazouse a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE) para comproba-lo desenvolvemento desta actividade e falar coa rapazada para coñece-las súas impresións.