Friday 22 de November de 2024

O curso de operacións básicas en cafetaría e bar conta coa participación de 15 persoas


Dende o día 9 de maio e ata o vindeiro día 26 desenvólvese nun establecemento hostaleiro da localidade o curso de operacións básicas en cafetaría e bar posto en marcha pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, froito de conversas mantidas co sector da restauración.

Nesta acción formativa participa un total de 15 persoas que foron recibidas pola edil Amparo Cerecedo (BNG).

A finalidade deste curso é crear un novo mecanismo de cualificación laboral que redunde nunha mellora da formación e da empregabilidade. A materia divídese en dúas partes: unha específica de camareiro/a e outra de manipulación de alimentos. Ademais, existe un compromiso de contratación, polo cal 5 das persoas asistentes comezarán a traballar unha vez finalizada a formación.