Saturday 16 de November de 2024

Letras galegas 2022 en Miño


O próximo martes, 17 de maio, o Concello de Miño festexará o día das Letras Galegas cun acto no parque de A Rúa, para todas as idades, que comezará ás 12 horas.

Contaremos coa actuación da ACRD O Castro, que poñerá a música, e con Trémola Teatro, que vai facer un percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este ano. E para rematar, haberá un convite de Bico de Xeado para todas as persoas que asistan.