O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, e o concelleiro deObras, Augusto Rei, reuníronse esta mesma mañá co alcalde deSada, Benito Portela no Polígono Industrial
O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, e o concelleiro de Obras, Augusto Rei, reuníronse esta mesma mañá co alcalde de Sada, Benito Portela, para comprobar in situ a canalización de pluviais e fecais do Polígono de Espírito Santo, que, segundo apuntan os técnicos de ambos os dous municipios, provocan problemas de saturación nas redes de saneamento.
Ambos os dous alcaldes coinciden en buscar unha solución eficaz para evitar que a rede se sature cando se producen chuvias intensas. Para iso, Sada confirmou que contactará co Ministerio de Fomento xa que asegura que a obra que levou a cabo o executivo estatal na N-VIN, á altura do Polígono, podería ter taponado os condutos de pluviais do vial, que agora poderían estar a saturar o saneamento que discorre polo PI.
Por outro lado, os técnicos cambreses aseguran que o problema está identificado. Apuntan que a saturación do saneamento se debe ao extremo caudal que debe absorber o conduto por pluviais que chegan doutros concellos