Para Alternativa dos Veciños Sada, trataríase do primeiro paso para conseguir obradoiros ocupacionais formativos que redundarían na recuperación dos espazos públicos e do mobiliario urbano ademais de paliar o problema endémico do paro.
Para Alternativa dos Veciños o futuro Centro Ocupacional de Osedo é un primeiro paso fundamental para a obtención por parte do Concello de Sada dos seus primeiros obradoiros ocupacionais, unha fórmula de aprendizaxe e emprego utilizada noutros municipios con excelentes resultados pero que en Sada, aínda é inédita. Por iso, para Alternativa dos Veciños, a posta en marcha do Centro Ocupacional de Osedo é vital para a obtención destes recursos, ademais de frear un máis que posible deterioro do inmoble consecuencia da parálise actual da súa actividade para a que foi restaurado.
Grazas os obradoiros ocupacionais que concede a Xunta de Galicia pódense recuperar inmobles en ruínas, espazos verdes ou sendas peonís, entre outros proxectos, ademais de ofrecer os integrantes dos mesmos unha formación laboral remunerada que outorga experiencia mediante o proxecto a realizar.