A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a tarifa de prezo público para a Festa dos Maiores 2022, que se celebrará o 28 de maio no recinto feiral de Amio. Cada unha das persoas que desexe asistir, deberá aboar 7,5 euros. O obxectivo desta celebración, organizada polo Concello de Santiago a través das concellarías de Festas e de Servizos Sociais, é fomentar a participación e interacción das persoas maiores de distintas parroquias e lugares do termo municipal, celebrando un día especial nun espazo de encontro no que se sintan protagonistas.
O pasado seis de abril, na reunión ordinaria do goberno municipal, aprobouse o procedemento de licitación do servizo denominado “Organización da celebración da Festa dos Maiores 2022 e 2023”, cun orzamento de 83.028 euros. Consisitirá nun xantar e posterior baile.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o prezo público do campamento de verán da Concellaría de Mocidade, denominado “Campamento de Surf en Oleiros”, que se desenvolverá do 1 ao 8 de xullo. Serán 120 euros por participante, aos que se lle poderá aplicar un desconto do 16,66% cando existan razón sociais, benéficas, culturais cando os menores usuarios proveñan de familias en risco de exclusión social, previo informe do departamento municipal de Servizos Sociais.
Contratación
En materia de contratación, adxudicouse o a prestación do “Servizo de mantemento das instalacións eléctricas dos edificios municipais do Concello de Santiago de Compostela” a CLECE SL, por dous anos, que oferta unha porcentaxe de baixa do 17,15% sobre o cadro de prezos unitarios incorporado ao prego técnico de aplicación, sendo o orzamento de execución do contrato 513.950,28 euros, IVE engadido.
Tamén se adxudicou o contrato para a prestación do “Servizo de redacción de plans de autoprotección para edificio, actividade e locais municipais do Concello de Santiago”, a Pedro Murciego Delgado, por un importe, IVE engandido, de 72.014,41 euros.
Outros acordos
Na reunión do executivo municipal tamén se autorizou o préstamo temporal á Deputación Provincial de Ourense do documento “Discurso do xefe político pronunciado o 26 de maio de 1822 con ocasión da instalación da Deputación Provincial”, incluido no libro de actas do Concello de Santiago de Compostela dese ano, depositado no Arquivo Histórico Universitario de Santiago.
Na reunión tamén se deu conta da sentenza número 024/2022 sobre responsabilidade patrimonial por legalización de licenza na zona de Ponte Sarela. A entidade demandante, Construcciónes Otero Pombo, solicitaba unha contía de 8.767.418,41 euros, por “danos e prexuízos causados polo Concello na súa intención de legalizar a licenza”, que lle impediron, sinalaba a empresa, vender ou rematar o proxecto, producíndolle un estrangulamento financeiro que a levou á declaración de concurso de acredores. A sentenza é favorable para o Concello. Contra esta resolución cabía interpoñer recurso de casación. Por dilixencia de ordenación, do 04 de maio, declárase firme.
Acordouse ademais, conceder á Fundación Catedral de Santiago, Concédese a licenza para a renovación de cubertas da capela do Cristo de Burgos e da súa sancristía leste, actuación que conta cun orzamento de execución material de 146.699,54 euros