Friday 22 de November de 2024

Alerta consumo tubérculo en Sampaio


O xuzgado de primeira instancia e instrución número 2 de Betanzos enviou hoxe un escrito ao Concello de Bergondo para que se alerte aos veciños e veciñas do lugar de Sampaio, na parroquia de Guísamo, de que eviten a inxesta do tubérculo OENANTHE SPP (X 49 CIE 10) debido á que recentemente faleceu unha persona neste lugar a consecuencia desta inxesta.

O home falecido polo consumo do tubérculo OENANTHE SPP (X 49 CIE 10), con iniciais C.D.L.A., tiña nacionalidade colombiana. A data de nacemento do falecido é o 18/09/1984

O suceso ocorreu no mes de decembro do ano 2021. Foi unha veciña de Sampaio a que deu a alerta ao levar tempo sen ver ao home, incluso chamando varias veces á porta sen obter resposta.
Adxuntase foto do tubérculo atopado no domicilio.