Friday 22 de November de 2024

A UNED Sénior e O Son do Pote ofrecerán seis concertos de música tradicional polas parroquias de Lousame en maio e xuño


A primeira actuación terá lugar este domingo 15 de maio, ás 17:00 horas, na Praza do Concello dentro da XX Festa do Galego

A Aula de Lousame da UNED Sénior e o grupo O Son do Pote, dirixidos por Fernando e Mariña Docampo, organizan seis concertos gratuítos de música tradicional polas parroquias lousamiás durante os meses de maio e xuño. Unhas actuacións que arrincarán este domingo 15 de maio, ás 17:00 horas, na praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo e dentro da XX Festa do Galego, que organiza o Concello de Lousame.

As actuacións terán lugar todos os martes, ás 19:00 horas, nas distintas parroquias de Lousame. Tras a actuación deste domingo, as seguintes citas terán lugar no centro da aldea da Fonte (Lesende), o martes 24 de maio, e no bar Vila da Cova (Vilacova). En xuño haberá outras tres actuacións: o 7 de xuño no centro da aldea de Fruíme;: o 14 de xuño no centro da aldea de San Xusto de Toxosoutos; e o 29 de xuño, no atrio da Igrexa de Tállara.