Saturday 16 de November de 2024

Máis de 19.000 espectadores gozaron coa segunda edición do Encontro Mundial de Humorismo na Coruña


Máis de 19.000 espectadores gozaron coa segunda edición do Encontro Mundial de Humorismo na Coruña

A segunda edición do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), que comezou o pasado 29 de abril, chega hoxe á súa fin cun balance de asistencia de máis de 19.000 espectadores.

A boa resposta do público quedou plasmada no número de espectáculos que esgotaron entradas, un total de oito: ‘En su cabeza era espectacular’, de Pantomima Full; as dúas funcións de ‘Humoris Causa’, de Xosé Antonio Touriñán, Ana Morgade, Eva Hache e Leo Harlem; ‘Adivina quién viene esta noche’, con David Amor; ‘Saldremos mejores’, con Inés Hernand e Nerea Pérez; e ‘A vivir que son dos días’, con Javier del Pino​.

Esta tarde, ás 20.00 horas, o Teatro Colón acolle a gala de clausura da segunda edición do EMHU, que contará coa presenza da alcaldesa, Inés Rey. Os cómicos e monologuistas Luis Piedrahita, Silvia Abril, David Fernández e David Amor protagonizarán o espectáculo ‘Fantastic Colofon’, que tamén esgotou entradas e porá o peche a esta edición, na previa da entrega dos Premios EMHU 2022 ás e aos artistas gañadores deste ano.