Varias das máquinas que forman parte do parque deportivo ao aire libre están deterioradas.
Alternativa esixiu traballos de mantemento para este parque, xa que agora que inicia a mellorar o tempo mais veciñanza se anima a empregalos. Aproveitando a comunicación co Concello tamén instou a recuperar o servizo de monitorado que funcionaba nos meses de verán neste tipo de instalacións ao aire libre (tamén nos parques de calistenia), xa que moita xente trasladou a necesidade de persoal especializado para realizar adecuadamente exercicio e motivar o uso das instalacións.