Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oleiros organiza unha ruta de sendeirismo á Serra do Barbanza o 21 de maio


Dentro do programa Andares por Galicia, o Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Serra do Barbanza o vindeiro 21 de maio. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario na web do Concello a partir do martes 10 de maio ás 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

A ruta irá desde Castelo de Vitres ata Curota, percorrendo o Río Coroño, Mosquete, Serra do Barbanza, a Ponte da Portela, Os Forcados ou Miradoiro da Curota entre outros lugares. A distancia a percorrer é de 16,5 km e está cualificada como de dificultade media-alta.

A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

INSCRICIÓNS: https://docs.google.com/forms/d/1d4W5vwTYQMKRnaPjOVQfiih-jhZCyebuxvngHYQJPsM/closedform