Friday 22 de November de 2024

Neda adhírese ao programa Vacacións en Paz


O Concello asina un convenio de colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui para contribuir aos gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas acollidos/as na localidade

O Concello de Neda colaborará este ano co Programa Vacacións en Paz que impulsa a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui mediante unha aportación económica de 1.780 euros. Así consta no convenio de colaboración subscrito entre o Concello e a entidade para apoiar o acollemento temporal de menores saharauis durante os meses de xullo e agosto por parte de familias da comarca. A citada cuantía permitirá cubrir os gastos derivados das viaxes dende Tindouf a Santiago e posterior regreso dos/as menores acollidos na nosa localidade.

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e fillos desfruten dunha estancia agradable e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.