A proxección de Sofía Casanova: a obreira do pensamento está programada para as 20:30 horas de mañá venres día 6 de maio, no auditorio da Fábrica. Entrada é gratuíta con invitación, que se entregará desde unha hora no propio auditorio.
Sofía Casanova: a obreira do pensamento, dirixida por Zaza Ceballos e Noelia Muiño, está baseada na figura desta muller poeta, novelista e xornalista que foi a primeira muller española correspondente de guerra. Máis aló da actividade profesional, a película destaca a parte persoal e humana da escritora. A crise existencial pola que atravesa, o refuxio na súa Galicia natal e a especial relación que a unirá xa para sempre coa súa criada Pepa, que se converterá no seu pano de bágoas e tamén na súa amiga e confidente. En 1896 Sofía Casanova establécese en Mera durante algún tempo coa súa familia: o seu marido Vicente e as súas dúas fillas María e Izabela. A escritora está sumida nunha profunda depresión que quere superar en Galicia. Este será o punto de partida da película que tratará o lado máis persoal, íntimo e familiar da Sofía Casanova muller máis aló da Sofía Casanova intelectual e xornalista.