Representantes de Alternativa dos Veciños de Arteixo reuníronse con Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, para tratar a situación que sofren moitos dos areais do municipio de Arteixo como consecuencia da construción do Porto Exterior, que provocou importantes cambio nas correntes mariñas. Alternativa leva meses demandando solucións aos diferentes organismos responsables, xa que as praias do municipio atópanse cubertas por pedras como consecuencia do cambio nas correntes que provocou a construción do Porto Exterior.
“O que nos informou o Sr. Martin Fernández é que a Autoridade Portuaria é coñecedora da situación e que van colaborar e executar os traballos necesarios para que estas praias sexan accesibles e a cidadanía poida gozar das mesmas. Para que a Autoría Portuaria poida actuar, é imprescindible contar co permiso e cunhas directrices establecidas pola Demarcación de Costas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“O Presidente da Autoridade Portuaria comprometeuse a reunirse co Xefe da Demarcación de Costas en Galicia para tratar este tema e que se poida actuar o máis axiña posible para arrombar as praias que se atopan totalmente cubertas por pedras” matiza Juanfran Martínez.