Saturday 16 de November de 2024

Cartea e Teira achegan ao público pobrense un libro e exposición sobre o poeta Arthur Rimbaud


Ao abeiro da programación do Maio das Letras, a casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal dará cabida neste 6 de maio, ás 20.30 horas, á inauguración dunha exposición de Manuel Teira e a presentación do volume Arthur Rimbaud. Iluminacións – Unha tempada no inferno, con tradución e notas de Manuel Cartea.

No acto intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e os propios artistas, ademais de contar co acompañamento musical da pianista Tania Davila López.

Organiza a Concellaría da Cultura e a asociación cultural Barbantia, coa colaboración da A.C. Escola de Música da Pobra do Caramiñal.

A entrada é libre ata completa-la cabida.