Unha parte do alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel puido coñecer, esta mañá, o traballo que desempeñan, no día a día, a Policía Local de Carral, Protección Civil e o Servizo de Emerxencias de Abegondo.
Como parte da actividade, os nenos e nenas puideron coñecer tanto os uniformes como os vehículos nos que traballan os distintos corpos de seguridade e emerxencias.
Na xornada estivo presente o alcalde, Javier Gestal, que puxo en valor o “magnífico labor” que realizan a diario tanto os axentes municipais como as agrupacións de emerxencias, que cualificou como “esencial” para garantir a seguridade da veciñanza.