Unha vintena de veciños e veciñas aprenderon a técnica da cestería durante o curso organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de recuperar os vellos oficios e a tradición de facer cestos nas casas. O Concello de Touro retomou a finais de marzo este curso que conta con moita demanda entre a veciñanza. O pasado sábado celebrouse a última aula na Casa da Cultura de Touro, impartida por un mestre cesteiro do Concello de Rois. Tivo lugar nas tardes do último sábado de marzo e todos os sábados de abril. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizaron materiais naturais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Esta iniciativa, que trata de recuperar as vellas tradicións artesanais, comenzou a súa andaina no Concello de Touro fai arredor de dez anos. Os asistentes despediron o curso ata o próximo ano.