Friday 22 de November de 2024

Cita previa Porta a Porta en Neda


O programa de coidados Porta a Porta dirixido ás persoas maiores de 55 anos para a prevención da dependencia chegará a Neda o 30 de maio e 1 e 2 de xuño. Impulsado pola Xunta coa colaboración dos concellos, a través do mesmo, poderán acceder gratuitamente a consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

Para iso, é preciso solicitar cita previa a través do teléfono 622 748 283 ou correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal ou a través do departamento municipal de Servizos Sociais (casa consistorial ou teléfono 981 38 00 39).