• As persoas interesadas poden realizar a preinscrición de matrícula para o curso 2022/2023 desde hoxe, 2 de maio, ata o próximo día 16 no Rexistro do Concello.
• A iniciativa diríxese ao alumnado do CEIP José María Lage e desenvolverase de luns a venres desde as 07:30 horas.
O Concello abre o prazo de preinscrición de matrícula no programa ‘ Almorzos na escola’. A través da iniciativa, o goberno local quere facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas do municipio.
O programa, dirixido ao alumnado do CEIP José María Lage, desenvolverase ao longo do curso 2022/2023 en horario de luns a venres desde as 07:30 horas. Nas xornadas, os nenos e nenas que asistan poderán almorzar, aprender hábitos saudables e tamén participar en actividades de corresponsabilidade e fomento da educación en igualdade.
“Esta prestación permite ás familias compatibilizar a súa vida persoal co traballo, e facelo ademais con iniciativas que contribúan ao desenvolvemento dúas cativos e cativas”, sinalou a concelleira de Igualdade de Ortigueira, María Lamelas.
As persoas interesadas poderán inscribir aos pequenos e pequenas no servizo diario con almorzo ou sen el, ou tamén en días soltos con almorzo.
As preinscricións poderán formalizarse desde hoxe, 2 de maio, ata o 16 do mesmo mes no Rexistro do Concello. Para máis información, os usuarios e usuarias poderán dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) e ao centro social de Ortigueira, ou chamar ao teléfono 981 40 25 42. O programa conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualade da Xunta de Galicia.