Hoxe tivo lugar o Torneo Internacional de Veteranos entre o Camariñas Legends e o Footy Killers FC de Inglaterra, no campo municipal Hermanas Patiño.
A alcaldesa, Sandra Insua, e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, recibiron á expedición inglesa, liderada polo camariñán Guillermo Bermúdez. Neste acto fíxoselle entrega dunha camiseta conmemorativa.
O partido, que rematou cun resultado de 3-3, tivo unha gran acollida por parte dos afeccionados.