Plano xeral do pleno
As razóns argumentadas son as condicións de conectividade e cercanía cos puntos de distribución; e porque outra localización, ampliaría os prazos de tramitación do proxecto o que suporía, case con toda seguridade, perder os catro millóns de axudas dos Next Generation.
No pleno, a concelleira de Urbanismo explicou que existe un Plan para Conxo, realizado polo actual goberno socialista, que foi presentado as axudas para a rehabilitación integral de barrios en contornas residenciais, que puxo en marcha o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana.
O alcalde de Santiago, durante o pleno.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu, na sesión plenaria de hoxe, a ubicación da plataforma loxística de mercadorías na parcela dotacional IA-8, incluida no sector de solo urbanizable delimitado de Mallou SUD-1. As razóns argumentadas son as condicións de conectividade e cercanía cos puntos de distribución; e porque xa está en marcha “a expropiación necesaria para completar a parcela; e a a tramitación do Plan Especial necesaria para poder acometer a actuación”. Outra localización, lembrou o rexedor, podería supor perder os case catro millóns de axuda preconcedidos polo Ministerio de Transportes, a través dos fondos Next Generation, xa que habería que ampliar os prazos de tramitación, e iso non é posible; sobre todo despois da publicación, no BOE do 26 de abril, de que o 15 de xuño debe estar iniciado o proceso de licitación do 80% do investimento da infraestrutura.
Durante a comparecencia, o alcalde aclaroulle á oposición que esta plataforma de mercadorías non se pode incluir no proxecto Smartiago, porque “só financia actuacións de innovación previas á posta en marcha da plataforma loxística de distribución e tamén de control efectivo dos movementos de distribución na cidade histórica a través de cámaras de control de entrada, reductores de velocidade, etc”, razón pola que “a distribución hai que financiala fóra desta iniciativa”.
O alcalde lembrou que a convocatoria de axudas europeas Next Generation EU en agosto de 2021, “ofreceu unha oportunidade para recibir financiamento para o proxecto de construcción da plataforma loxística”, que finalmente se concretou “nunha subvención de 4 millóns de euros”. Pero, continuou, o escenario mudou, xa que no BOE do 26 establécese que, entre outras cuestións, “teñamos iniciado o proceso de licitación do 80% do investimento o día 15 de xuño”. Ese foi o contexto no que mantiveron a reunión cos veciños, subliñou, e nos que se lle trasmitiu a imposibilidade de mudar a localización da infraestrutura.
En principio, engadiu Sánchez Bugallo, “nós non contemplamos que se poida perder a subvención. É posible que poidamos sufrir algún tipo de penalización. Pero nós no planing que intentamos establecer, facémolo de tal maneira que poidamos cumplir os prazos. E iso tamén explica o por que de Uninova e de Mercagalicia. Porque son sociedades públicas, que convertidas en medio propio polo concello, nos poden permitir axiliar moitísimos todos os procedementos de contratación”.
O alcalde tamén lle explicou á oposición, por que se escolleu a parcela de Mallou: por “unhas condicións extraordinarias desde o punto de vista loxístico, pola súa conectividade coas autoestradas, e pola súa cercanía, cunha distancia dunha escasa milla co casco histórico”. Esta parcela conta cunha superfície de 12.000 metros e unha capacidade de edificación importante, de máis de 9.000 metros cadrados”. No PXOM defínese dentro do “sistema xeral” un sistema para toda a cidadanía de Santiago, segundo explicou Sánchez Bugallo. “Nesa zona fixéronse dúas actuacións: a compra do monte do Pozo de neve, para a veciñanza. E unha xeral, que ía ser o cuartel da Garda Civil, pero que ao final non se construiu aí. Polo tanto, non era unha actuación só para a veciñanza de Meixonfrío. Era unha actuación para a veciñanza dunha área máis ampla”.
Na actualidade, segundo explicou o rexedor estase levando a cabo a expropiación complementaria para a adecuación dos accesos e a tramitación do Plan Especial necesario para comezar a construción da plataforma, “da que esperamos teña a aprobación definitiva no próximo mes de setembro”. “Nos últimos días tamén se realizou a encarga para que UNINOVA se poida facerse cargo da xestión integral e da elaboración de tres estudos sobre este proxecto”, indicou.
Ao respecto dos plazos previstos, o alcalde explicou que “no ano 2022 completaranse todos os procesos de contratación, en 2023 e 2024 procederase á construcción da plataforma loxística e en 2025 deberá empezar a ser operativa”. Ademais, “será necesario empezar a tramitar unha ordenanza de circulación que regule o funcionamento deste servizo e do reparto, e unha segunda ordenanza que regule as zonas de baixas emisións, cando se publique o decreto lei correspondente”, engadiu.
A última moción, na que se debateu a reavaliacion e consenso na instalación da citada plataforma loxística de mercadorías, o Grupo Socialista posicionouse en contra por, explicou o rexedor, “non se pode asumir ese compromiso. Sánchez Bugallo indicou que “diálogo todo. Falaremos coa veciñanza e se a actuación se pode facer en Mallou preocurarémonos de que as molestias e o impacto sexa o menor posible”. O que se pediu ao concello hai máis de dous meses, por parte da veciñanza, é, explicou “a apertura do Vidal e aos residentes en Nogueira de Mallou dotalos de auga a alcantarillado”. E iso, subliñou, é o que intentaremos facer con cargo aos remanentes”, finalizou
Proposicións
Mercedes Rosón e Sánchez Bugallo
Na proposición presentada por Compostela Aberta sobre a situación do barrio de Conxo e o deseño dun plan específico para a súa revitalización, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, foi contundente: “O Plan de Conxo existe e fíxoo este goberno”. Un plan cun custe estimado de 8 millóns de euros que se pode dotar orzamentariamente, segundo Rosón, “se o seu grupo municipal ten a vontade política de aprobar as contas do próximo ano”.
Mercedes Rosón explicou que este plan trasladóuselle ao goberno central “na manifestación de interese que se enviou a Madrid no marco do programa de axudas para a rehabilitación integral de barrios en contornas residenciais, que puxo en marcha o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana e que se empezará a executar a través das Comunidades Autónomas. O que vostede relata xa o coñecemos. A análise está moi estudada desde este concello, polos técnicos; e contrastada cos axentes sociais, veciñais e conómicos do barrio. Este plan, presentado en abril de 2021, (estamos esperando que a Xunta convoque as axudas para barrios) recolle todas as demandas porque ten un enfoque integral”.
Aparte do plan de Conxo, explicou avanzou que “tamén presentamos un plan para as zonas Aris, ou sexa, Pontepedriña, Vite, Vista Alegre, cidade Histórica e para unha nova área de rehabilitación integral discontinua que vai recoller todas as edificacións de mediados do século XX espalladas pola contorna urbana, entre elas algunha en Conxo. Ou sexa un plan que recolle todos os barrios da ordenanza 9 A. Como pode ver, para este goberno é de suma importancia a revitalización dos nosos barrios. En concreto, no barrio de Conxo, contémplanse actuaciones de reurbanización e acondicionamiento de rueiros e camiños de relación entre os diferentes núcleos e de nova relación coa cidade e co territorio.
Tamén se contemplan actuacións de recualificación dos tramos de antigas estradas con vivendas unifamiliares ás marxes, produto de desenvolvementos históricos lineais periféricos. Outras actuación é a formalización de sendas fluviais que completen os percorridos existentes nas ribeiras do río Sar e nos seus tramos trasversais, en continuidade cos parques de vaguada previstos ou executados. E tamén a rehabilitación de vivendas tradicionais das aldeas e lugares históricos de Conxo”, subliñou.
Á marxe deste plan, “existe o proxecto de humanización da Praza de Antón Fraguas, que está previsto executar cando se dean as condicións de financiamento necesarias, a través dos fondos Next Generation”.
E por último, engadiu a concelleira, “tamén está o Plan Especial de Conxo, impulsado por este Concello e polo Consorcio da cidade, que acaba de ser axudicado a Mario Crecente. O seu obxectivo é dotar ao barrio dun plan preciso, dirixido á súa ordenación, recuperación e conservación”. No marco deste plan, indicou “dedicarase especial atención a conseguir a participación pública sistemática, da cidadanía e outros posibles axentes implicados, tanto desde a fase de información como nas fases finais. Previamente á fase de exposición pública, deberanse incorporar os resultados da participación cidadá ao propio Plan, de modo que o resultado teña en conta as reflexións e intereses dos axentes implicados”.
O Grupo Socialista abstívose na proposición para deseñar actividades sobre a memoria do exilio e crear un programa de promoción do audiovisual en Lingua Galega entre a infancia e a adolescencia. Defendeuna o concelleiro de Políticas Lingüísticas. Rubén Prol destacou programas como Apego, que se están desenvolvendo, e Youtubeiras, na área audiovisual, no que traballan de xeito conxunto distintos concellos.
Rubén Prol recordou que a lingua galega non se recoñece en moitas plataformas. “Un tema no que tamén se desenvolveu unha actividade parlamentaria importante. Dadas as caracteristicas do sector audiovisual e da existencia dunha radio-televisión pública as competencias fundamentais na materia tense que desenvolver a través das políticas da Xunta de Galicia”, sinalou. En canto á programación do Día das Letras Galegas, lembrou que hai unha programación cultural na materia. Durante o debate, o alcalde, Sánchez Bugallo anunciou a próxima convocatoria da Comisión de Memoria Histórica.
O Grupo de Goberno, a través da concellería de Economía, Facenda, Persoal e Modernización da Administración local tamén está a traballar na convocatoria de novos procesos de selección persoal. Nesta proposición, o PSdeG abstívose. Defendeuna a concelleira Marta Abal, quen desacou o labor que se está a facer en materia de recursos humanos, “o mais importante dos últimos 11 anos”.
Marta Abal anunciou que antes de que finalice o primeiro primeiro semestre “aprobaremos as bases xerais e específicas que afecta aos procesos de estabilización e quenda libre”, e que se ofertará e convocará o proceso de estabilización, “xa era unha obriga legal en 2018, cousa que o goberno de Compostela Aberta non executou, haberá que preguntarlle por que”
Sinalou tamén se se vai aprobar a Relación de Postos de Traballo e a memoria de funcións xunto coa segunda actividade da policía local, “xa que a que existe actualmente, do ano 2011, está totalmente obsoleta. Sen que nada se fixera en anteriores mandatos para actualizala no seu conxunto. Está en fase de negociación sindical, e xa se remitiu a todos os servizos”. A concelleira engadiu, tamén que o luns, día 2 de maio, ábrese o prazo para solicitar o segundo grado da carreira profesional con efectos do 1 de xaneiro, con tramitación “totalmente electrónica”; e que antes de que finalice o mes de xullo “convocaranse todos os procesos de selección de quedan libre”.
En resposta á oposición, recordou que na pasada lexislatura, convocouse o proceso selectivo para o acceso ao subgrupo C1, “proceso que se concluiu nesta lexislatura”; igual que a convocatoira das xefaturas de negociado, “proceso que concluiu nesta lexislatura na que se procedeu ao nomeamento do tribunal, sacouse a listaxe de admitidos e se realizou o concurso e posterior resolución”. Ademais, engadiu, “sacáronse as ofertas de emprego anualmente, dacordo co previsto na lei, pero non se chegaron a executar excepto as prazas citadas, a maiores das de bombeiros e policías.
Por estes motivos, concluiu, o “goberno municipal vaise abster. Xa estamos a traballar. Non é necesario axilizar, porque xa o estamos facendo”. Respecto da contratación temporal, negou se se utilizara de xeito indiscriminado. “Utilizámola para atender necesidades acuciantes dos departamentos municipais, para cubrir as vacantes e conforme ás directrices incluidas nas normas de rango legal”.
Outra imaxe do pleno
A proposición sobre a mellora dos servizos do aparcamento da dársena da Avenida de Xoán XXIII, defendeuna o concelleiro de Turismo. Sindo Guinarte avanzou que se están a acondicionar os baños, e actuando tamén no resto de demandas presentadas na proposición, polo que o voto do Grupo Socialista foi a abstención.
O pleno tamén deu luz verde ao levantamento do reparo para o pagamento das horas extras á policía local. O Grupo Socialista votou a favor nos tres puntos da proposta. O alcalde sinalou que, en relación ás remanentes que está previsto levar á sesión plenaria do mes de maio, figura a previsión de pago das horas extra das mensualidades pendentes de 2021.
O primeiro punto da proposta, era levantar o reparo formulado pola Intervención Xeral no seu informe número 104/2022, sobre “horas extraordinarias” realizadas no ano 2020, pola policía local no mes de decembro e polo persoal bombeiro nos meses de outubro, novembro e decembro do mesmo ano. O segundo, autorizar a superación do límite aprobado para “gratificacións” do exercicio orzamentario de 2020 na contía de 48.952,18 euros, quedando o orzamento para tal finalidade nun total de 1.248.952,18 euros; e o terceiro, dispor da continuidade do expediente “para que se adopten as medidas necesarias a fin de evitar graves prexuízos ás persoas interesadas”.
Mocións
O pleno ordinario do Concello de Santiago aprobou por unanimidade unha moción conxunta, na que todos os grupos expresan “o fondo pesar da Corporación municipal polo pasamento de Xulio Maside” e acordar trasladar á Comisión de Honras e Distincións a proposta de que acorde propoñer o debido recoñecemento da cidade a Xulio Maside”.
Moción conxunta Xulio Maside
Tamén houbo unanimidade na moción do BNG, para apoiar o comercio e hostalería cunha campaña de dinamización cultural na contorna da Praza da Inmaculada, na cidade histórica. A concelleira de Urbanismo, Cidade Histórica, e Acción Cultural, Mercedes Rosón, sinalou que a “Praza de Cervantes é un punto moi activo e un espazo urbano que xera moitísima actividade cultural. Unha actividade que intentaremos reforzar en todo o ámbito proposto na moción, e non únicamente mirando ao turismo; mirando sobre todo cara a veciñanza de Compostela”.
O consenso de todos os grupos tamén estivo presente na votación da moción para “coa maior urxencia, por propia iniciativa ou procurando a colaboración do Ministerio de Fomento ou da Xunta de Galicia, se proceda a realizar unha actuación urxente de mellora do firme da Ruta da Prata, no deteriorado tramo duns 100 metros que discorre nas inmediacións do paso baixo a AP-9 en Angrois”. O acordo ten un punto dous, tamén aprobado por unanimidade, “proceder a reiterar ante o Ministerio de Fomento, a necesidade de recuperar a conectividade existente entre as dúas marxes da AP-9 antes das obras de ampliación da AP-9 para mellorar o acceso ás zonas agrarias de Angrois, a instalación de pantallas para a redución da contaminación acústica na zona de Angrois e a pavimentación da pista desde a Travesa de Angrois á vía de servizo da AP-9 , xunto coa mellora ambiental do Rego de Angrois, que discorre por esa zona”. A moción defendeuna o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel.
Na moción sobre a axilización da licitacion do servizo de comedores escolares para os CEIP do Concello de Santiago, o Grupo Socialista abstívose. Unha postura explicada polo concelleiro de Educación. Rubén Prol sinalou que o prego xa está redactando, e que agora “ten que pasar o circuito de informes para ir a Xunta de Goberno e publicar a licitación”.
O Grupo Socialista tamén se abstivo na moción para o arranxo do paso de peóns da rúa da Pastoriza e a realización da terceira fase das obrs dos Basquiños ata a Praza da Paz. O concelleiro Javier Fernández, explicou que “como goberno preocúpanos a accesibilidade da cidade. Por iso traballamos en proxectos, conxunta e consesuadamente con entidades sociais da cidade, que representan a un colectivo importante das persoas que sofren de primeira man as dificultades de accesibilidade”.
O concelleiro engadiu que “para este goberno sería importante contar cunha partida anual para actuacións de mellora da accesibilidade, pero as prioridades son as que son. E esas prioridades, recórdolle, tamén se negocian nos orzamentos”. Lembrou que no presuposto para 2022 “hai unha partida de 300.000 euros que están condicionados á venda de parcelas municias. Estea segura que en canto esten dispoñibles realizaremos un plan de accesibilidade da cidade; e o resto o condicionarémolo a realizar todas aquelas actuacións de accesibiliade consensuadas coas entidades sociais”.
Gonzalo Muíños agradeceu á parroquia de Sar a colaboración en materia de aparcamento. Foi él quen defendeu a abstención na moción para habilitar o canellón da contorna da Colexiata de Sar para o aparacadoiro nocturno a residentes. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá sinalou que se vai estudar a proposta por parte da policía local. Engadiu que o novo aparcamento está funcionando ben, “aínda que quedan cousas por mellorar”.
A abstención na moción para a publicación dunha axenda cultural que mellore a difusión e a coordinación da programación cultural na cidade defendeuna a concelleira Mercedes Rosón. Sinalou que a axenda en papel, polo volume de recursos orzamentarios que precisa, non é operativa, tendo en conta ademais, os avances en dixitilización. “Nós, desde a concellaría de Acción Cultural consideramos que o camiño vai máis por outros roteiros, máis efectivos, máis eficientes, máis ecolóxicos e máis sostibles”, sinalou. “Por iso apostamos polo formato dixital, coa difusión das nosas actividades culturais a través da nosa web, de Compostela Cultura e das ferramentas de difusión como a Axenda C ou a presenza contínua en redes sociais. Un formato dixital e unha páxina que durante a pandemia se converteu nunha ferramenta potentísima para a reserva de espazos, para o control de aforos, para a comunicación coas persoas usuarias, e para trasladar á cidadanía as decisións que se ían tomando de reprogramación de actividades culturais, para alén da difusión de contidos específicos elaborados por este medio”.
Tamén lembrou que xa hai unha web que recolle todas as actividades culturais programadas en Santiago, santiagoturismo.gal, que conta cunha completa e actualizada axenda cultural.
O Grupo Socialista tamén se abstivo na moción para o acondicionamento e posta en valor da escola unitaria da Devesa, defendida polo concelleiro de Medio Rural, Jose Manuel Pichel, quen sinalou que se estudarán as posibilidades que ten o inmoble. O alcalde, Sánchez Bugallo, na segunda quenda de intervencións explicou que a veciñanza sempre manifestou que se rehabilitase o teleclub, algo que fixo o Concello. En todo caso, trátase dun inmoble, aclarou, que de momento non está incluído no Plan de rehabilitación de edificios.
O Grupo Socialista votou en contra da moción para instar á Xunta de Goberno, como órgano de contratación do Concello de Santiago, á revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito de varios dos pregos para a licitación dos distintos lotes de xestión dos centros socioculturais. O concelleiro de CSC, Javier Fernández, respondeu que esta “revisión de oficio dos pregos, xa foi contestada polo órgano de contratación; que a inadmitiu a trámite, por non enmarcarse a causa de nulidade alegada no artigo 47.1 da Lei 39/2015, de 15 de outubro, de procedimiento administrativo común das administracións públicas. Así consta na resposta á solicitude da CIG. Creo que está moi razonado por parte da responsable que emite o informe. E polo tanto, imos votar en contra desta moción” engadiu.
Explicou tamén que neste momento, están adxudicados os lotes un de Animación Sociocultural, á empresa Serviplus; o lote dous de bibliotecas a firma santiaguesa Atlántic Ponte; e o lote tres de atención ao público a Nor´Integra, o centro especial de emprego de Northempo. “Tres empresas galegas, pemes; o que concorda cos nosos obxectivos de revitalización da economía de proximidade; de fortalecemento do noso tecido económico”, sinalou.
O pleno comezou coas intervencións de Juan Manuel Granja Fernández, en representación da AVV Casa Agraria; e Ana Seoane, do Comité de empresa de Ferrovial