● O Concello volve a abrir o prazo de inscrición para que máis persoas poidan sumarse á campaña.
● Máis de 150 familias participan na actualidade no programa, que ten por finalidade fomentar a compostaxe doméstica.
O Concello de Camariñas reafirma o seu compromiso pola mellora do medio ambiente neste 2022 reanudando o prazo de inscripción de Camariñas Composta, a campaña municipal para fomentar a realización de compost nos fogares.
Na actualidade, máis de 150 familias integran unha iniciativa que ten por finalidade promover o coidado da contorna natural a través da redución das emisións de ozono e a diminución do emprego de fertilizantes nos cultivos.
As persoas que o desexen poderán participar inscribíndose previamente na web municipal. Unha vez que o fagan recibirán de balde un composteiro, unha guía práctica de compostaxe e poderán atopar apoio, información e intercambiar experiencias co grupo de compostadores/as que integran a rede de Camariñas.
A ficha de inscrición e compromiso pode descargarse no apartado de novas do portal www.camarinas.net.
Máis información e inscricións na área de Desenvolvemento Local do Concello, chamando ao 981 737 004 ou a través do correo medioambiente@camarinas.net