A Corporación rendeu homenaxe a Roberto Naviera, que recibiu recentemente a Medalla ao Mérito Deportivo que outorga a Xuntade Galicia.
A Corporación rendeu homenaxe aRoberto Naviera, que recibiu recentemente a Medalla ao Mérito Deportivo que outorga a Xunta de Galicia. Naveira pertence a unha das mellores xeracións do judo español. Foi deportista olímpico e sabe o que é gañar un combate nese escenario. Roberto Naveiraparticipou en varios campionatos do Mundo e de Europa ademais de ser Preolímpico en Barcelona 92 e Olímpico en Atlanta 96. A súa última competición foi o campionato de España do 2000. Aínda que non deixou de todo a competición xa que é seleccionador Galego Júnior e Absoluto masculino. Actualmente dirixe as escolasMunicipales de Judo de Cambre e é parte fundamental do Judo ClubCambre.
O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, recordou a pegada que deixou Naviera neste deporte. “é unha das persoas que máis fixo por este deporte en toda Galicia, el levou sempre con orgullo o nome de Cambre alá por onde competiu. Agora é un mestre, un educador, pero sobre todo é alguén que ama ao deporte e os seus valores, valores que inculca aos pequenos de Cambre coa mesma ilusión coa que empezou neste periplo deportivo,” apuntou García Patiño..
Hoxe Roberto queriámosche render esta pequena homenaxe en nome de toda a Corporación e de todos os cambreses. Cambre débeche moito. O judo débelle moito e o deporte en xeral ten unha débeda impagable contigo”, sentenciou o primeiro edil.