O período de preinscrición estará aberto do luns, 2 de maio, ao luns 16 de maio, ambos incluídos.
O Concello de Cabanas informa de que o próximo luns, 2 de maio, abrirá o prazo de preinscrición do Punto de Atención á Infancia (PAI) “As Viñas” de Cabanas para o curso 2022 – 2023.
As solicitudes deberán tramitarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, no seu defecto, no Rexistro Municipal. En calquera dos casos, o impreso de solicitude – que se pode descargar desde a web cabanas.gal – deberá estar acompañado da documentación que se especifica no mesmo.
O prazo para a entrega das solicitudes permanecerá aberto entre os días 2 e 16 de maio, e as persoas que desexen máis información poden dirixirse ao departamento de servizos sociais, no 981 495 959 (ext. 2 ou 6), ou a través do correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal.