Friday 22 de November de 2024

Os infantís das EDM de Frades proclámanse campións do Torneo de Copa de Fútbol Sala de XOGADE desputado en Oza-Cesuras


O equipo infantil das Escolas Deportivas Municipais de Frades proclamouse campión do Torneo de Copa de Fútbol que tivo lugar esta fin de semana no polideportivo municipal de Oza-Cesuras, dentro da iniciativa XOGADE, promovida e financiada pola Xunta de Galicia.

Os xogadores adestrados por Lino Espiñeira proclamáronse campións despois de vencer todos os seus partidos. Así, na liguiña previa, as EDM de Frades derrotaron ao Oza-Cesuras por 5-1, ao Curtis por 5-0 e ao Irimón por 6-0. Na gran final, volveron gañar aos locais do Oza-Cesuras, desta vez por 4-1.

A próxima cita co fútbol sala terá lugar no polideportivo municipal de Curtis o vindeiro sábado 30 de abril, onde os prebenxamíns das EDM Frades competirán canda o Curtis A, Curtis B e o Melide.