Na sesión plenaria celebrada o pasado luns 25 de abril tomou posesión como concelleira do BNG en Ribeura, Cruz Rivadulla Marquez.
Cruz é veciña de Oleiros, licenciada en Química e foi profesora de Educación Secundaria de moitas xeracións de rapaces e rapazas.
Actualmente está xubilada e colabora con distintas organizacións sociais como Renacer, Unicef ou cos Servizos Sociais de Ribeira. Cruz substitúe a Xosé Vázquez Cobas que deixou a portavocía pero segue traballando arreo como membro do Bloque.
Desde o BNG destacan o gran traballo que vai realizar. Pola súa banda, Rivadulla Márquez agradeceu a confianza depositada nela e asegura estar ilusionada e a disposición da veciñanza construíndo a Ribeira en grande que se pode acadar co BNG.