O Concello de Carral, a Asociación Abril de Lume e Ferro e o alumnado dos institutos de Carral e Cacheiras conmemoraron, esta mañá, o 176 aniversario dos Mártires de Carral.
No cemiterio de Paleo o acto consistiu nunha lectura de poemas, na interpretación do himno galego e en depositar flores nas tumbas dos Mártires. Os rapaces e rapazas depositaron tamén flores diante do monumento aos Mártires.